Características do software de xestión | Versión para imprimir |
ChronoJump usa unha pequena base de datos Sqlite que o capacita para ligar saltos a suxeitos e sesións, e para realizar todo tipo de comparacións entre estas entidades.
É posible e sinxelo crear novos tipos de saltos coas variables descritas con anterioridade.
É multiplataforma. Ao estar programado en C# usando Mono, debería funcionar correctamente en GNU/Linux, MacOSX, Windows, ... Polo de agora, só se probou en GNU/Linux é Windows.
Incorpora as seguintes estatísticas (sempre que non se especifique o contrario, permite mostrar medias, valores máximos, ou todos os valores dunha única sesión ou entre un número indeterminado de sesións -lonxitudinal-, e distinción de xénero)
- Resumo dunha ou varias sesións
- Estudo dun único suxeito
- Tempo de voo de saltos simples
- Tempo de contacto, tempo de voo e índice entre ambos en saltos con caída e en saltos repetitivos (en breve engadirase tamén a velocidade de saída).
- Potencia en saltos repetitivos
- Evolución de saltos repetitivos (unicamente nunha sesión)
- Índice de elasticidade e de uso dos brazos
- ...(a modularidade de ChronoJump facilita a inclusión de novas estatísticas)
Representación gráfica de todas as estatísticas descritas mediante a libraría gráfica NPlot.
Exportación de saltos a follas de cálculo (formato CSV).
Creación de informes personalizados de todos os datos obtidos e das estatísticas (formato HTML).



